Skype Me™! Llamada Gratuita Skype WEBCAM del Hotel Nanín
Todas nuestras ofertas y noticias en:
   
Abrimos nuestras puertas el 31 de marzo
   

UN LUGAR EXCLUSIVO PARA AS SÚAS VACACIÓNS

O Hotel Nanín esta situado sobre a Ría de Pontevedra, na praia de Nanín a tan só 1.500 mts. de Sanxenxo. Dispomos de 28 apartamentos e 24 habitacións. Servizo de recepción as 24 horas, cafetaría e restaurante con aire acondicionado, garaxe, sala de xogos, zona axardinada e parque infantil.

NANÍN CALIDADE DE DESTINO

A mesa de Calidade Turistíca de Sanxenxo, como ente xestor do Sistema de Calidade Turistica en Destino, outorgounos o disitintivo de recoñecemento ao compromiso para a mellora continua da calidade de Sanxenxo.

DA PISCINA Á PRAIA DE NANÍN

O noso hotel dispón de acceso directo da piscina á praia de Nanin. Na súa marxe dereita esta separada da praia de Areas por unha zona rochosa que se penetra uns 100 metros no mar. É unha praia de dimensións reducidas, uns 230 metros de lonxitude, e non demasiada afluencia.

NANIN VODAS

Porque a súa voda é un acontecemento único, sabemos que a mellor maneira de planificala é escoitando os seus desexos e necesidades para conxugalos co bo facer do noso departamento de banquetes, que coidará até o máis mínimo detalle para que este momento inesquecible, sexa todo un éxito.